Dores Tembrás: Poesía + Graffiti nas aulas

08

 

Dores Tembrás aborda a relación entre o poético e o graffiti no seu artigo “Poesía+Graffiti nas aulas” no libro de ensaio Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e Resposta nas Aulas. O traballo coa palabra en moitas pintadas esixe un tratamento semellante ao que o poeta somete ao poema. Por iso resulta tan interesante abordar de forma simultánea ambas olladas. Como xorde esta arte urbana? En que medida o seu impacto visual intervén no proceso lector? Como evolucionou o graffiti? Por que segue en vixencia?

Prestaremos atención a como se produce o poético cun número limitadísimo de palabras para adentrarnos no misterio da linguaxe e a emoción.

Neste espazo iránse incluíndo novas, lecturas, ou calquera outro referente que conecte co binomio poesía+graffiti. Benvid*s!

Serie de documentais sobre o movemento “Acción poética”:

Llueve poesía. Trailer sobre o documental

Acción poética en Perú

Acción poética en Caracas

Entrevista a Armando Alanís, un dos creadores de Acción poética

Documentais sobre a orixe do graffiti e arte urbano:

“Writers”. Documental en francés que conta como se desenvolveu o graffiti en Francia entre 1983-2003:

“Style wars”. Documental con subtítulos en español:

“Bomb it”. Documental que presenta unha retrospectiva sobre o graffiti arredor do mundo con subtítulos en español.

Documental sobre a historia de Graffiti en Ourense.

O Quixote. RAP e Graffiti:

Proxecto da Biblioteca Nacional.

Reportaxe en TVE.

Espectáculo na Biblioteca Nacional.

Varia:

Museo de Arte urbana da Coruña.

Visibilización do graffiti en Galiza.

Muelle: Icónico graffiteiro no Madrid dos ’80. Como comeza unha tendencia e se crea escola. Este artigo é un bo comezo para saber algo máis do graffiti e as sinaturas con nome propio.

Entrevista a Muelle na TVG.

Graffitis para Rosalía.

Pasos de péons poéticos en Ribadeo . A poeta Verónica Martínez botou a andar esta iniciativa nas rúas de Ribadeo. Podedes ver os detalles e algunhas fotos nas entradas do 19 e 20 de novembro de 2015.

O graffiti en Lisboa por persoas de idade avanzada. Neste artigo descríbese a iniciativa de achegar o arte urbano a persoas de idade e todo o que isto implica.

Festival Desordes Creativas.

Arte e xuventude. Arte urbano como motor educador en Holanda.

Amabel González Troncoso: Unha tese sobre o graffiti en Galicia. Entrevista. Web.

O graffiti na Galiza. Blog de investigación e interese didáctico. Pontevedragraffiti.

Blog sobre arte urbano e graffiti: Urbanario

Recoñecemento ao graffiti en Galiza. OZONO. TVG.

Pintadas e poesía en cubos de lixo. Batania.

Arte urbano. Madrid.2015

A cultura do graffiti. Varia documental.

Graffiteiras árabes para romper muros.

Literatura:

Yo conocí a Muelle. Jorge Gómez Soto.

2 comentarios en “Dores Tembrás: Poesía + Graffiti nas aulas”

  1. Bos días Dores,

    O meu nome é Gonzalo e son profesor de Galego (desempregado, nestes momentos). Levo cinco anos investigando sobre graffiti e froito deste traballo editei a web que figura no formulario ademais de publicar un artigo sobre a materia na revista Grial. Póñome en contacto con vostede para ofrecerlle todo o material recollido na web, e para que o use nos seus obradoiros se así o desexa. Con todo, se prefire que lle envíe unicamente pintadas, podo facerlle unha selección das mesmas e remitirllas ó enderezo que me indique.
    Así mesmo, tamén lle quería comentar que no seu día elaborei unha unidade didáctica que tiña como eixo o graffiti. Estaba inserida na programación para as oposicións, e esta tiña como núcleo vertebrador a Literatura Comparada, de forma que cada unidade didáctica era unha manifestación artística (cine, pintura, música, arquitectura, fotografía, graffiti, performance, escultura, etc..) Pero chegou a LOMCE …. e tiven – teño, máis ben- que refacer todo, mantendo iso si, a esencia inicial.
    Alegreime moito cando onte encontrei o libro na librería e vin o seu artigo, así que nada máis que este contacto incial sirva para tecer esa rede da que falan no limiar do volume.

    Atentamente,
    Gonzalo.

    1. Gonzalo,

      moi agradecida pola achega. Non sabes o que significa para min descubrir o teu proxecto, que terei moi en conta para os meus obradoiros. Poñereime en contacto contigo! Unha aperta forte!

Deixa una resposta a admin Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *